Inicio > Historias > ¿Qué política?

2003-03-21

¿Qué política?
As autoridades educativas quéixanse de que hai demasiada política nas aulas. E certo. Por exemplo, nesa absurda visión da historia escolar baseada nos conflictos entre nós (españois e católicos) e eles (arabes musulmáns, ingleses protestantes, negros africanos...). Por exemplo nesa falsa visión da ciencia coma algo que simplemente está na sociedade, promovida por uns enaxenados ben simpáticos e allea os desexos e os intereses dos homes. Por exemplo na omisión das matemáticas da democracia, da estadística imprescindible para comprender a realidade ou os conceptos financieiros elementales para saber qué é unha hipoteca ou un IPC. Por exemplo na presencia constante das moralinas e arbitrariedades metafísicas da igrexa, máis interesada en que os rapaces non pensen que en que pensen calquera cousa non conveniente. Por exemplo na omisión da crítica á realidade laboral que terán que afrontar os alumnos. Por exemplo na inexistencia dunha educación sexual liberadora que axude os rapaces a comprenderse a sí mesmos e disfrutar dos seus corpos con responsabilidade. Por exemplo na pobrísima formación física e sobre a saúde. Por exemplo no emprego de pedagoxías ursulínicas que só funcionan para os alumnos que aprenden igual sin necesidade de profesores...

Falar da guerra e do chapapote é falar da realidade, de civismo e das responsabilidades dos cidadáns.
Por máis que ós partidos políticos lles interese convertir calquera cousa en política co fin de xustificar a súa abafante omnipresencia na sociedade.

posted by vendell 08:13

6 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/6311

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2003-03-21 08:26

Ten vostede toda a razón. A escola debe servir para formar rapaces con espírito crítico e donos dunha visión persoal do mundo no que viven, e para eso é imprescindible educalos na realidade, non nun mundo ficticio no que non hai guerras, nin pobres, nin fame.



2
De: Vendell Fecha: 2003-03-21 09:00

Pois a ver como lle explica o conselleiro os rapaces que o presidente dos galegos vai por ahí dicindo que "se están desviando donaciones que se podían destinar a la Fundación Arao para los fondos de los que salen esos carteles y toda esamierdacon la que untan el país".
Os carteis tamén se poden facer na casa. E como manifestarse, que sae gratis.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2003-03-21 09:54

A Fundación Arao debe ser esa que aínda non gastou nin un peso desa cantidade indefinida de cartos que posúe...
Falando en bo romance, merda para el.



4
De: lacabrera Fecha: 2003-03-21 18:01

Hai unha consigna das manifestacións que decía manolo hai que ir...Parece un pouco forte pero eu creo que si se toma no sentido figurado é posible pedilo.Viviu varias épocas onde el era o que mandaba e tiña razón en todo ("la calle es mía")pero se lle pasou o tempo.Esta actuando como si seguiramos igual co unico que fai é parecer patético,ridiculo e fora de tempo. Da igual os tempos cambiaron e non hai manera de que retrocedamos ou eso espero.Non vale a pena enfadarse.



5
De: A voz do arao Fecha: 2003-03-26 19:24

Acábome de enterar da esistencia da fundación que usa o meu nome.
Mentres pescaba, a carón doutros pescadores humans, entre mergullada e mergullada berréilles dende o mar: "Non no méu nome. Non co méu silencio" ¿Non queredes entender?



6
De: espn.com/activate Fecha: 2019-11-17 07:48

espn.com/activate
espn.com/activate
activate fox sports
nbc sports activate
canon.com/ijsetup
espn.com/activate
mcafee.com/activate
nbcsports com activate
quickbooks support
roku.com/link
roku.com/link
garmin update
youtube.com/activate
office.com/setup
garmin updates
www.hulu.com/activate
espn.com/activate
activate starz
pbs.org/activate
espn.com/activate
mumbai escorts
mumbai escorts
mumbai escorts



Past
<Diciembre 2024
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia