Inicio > Historias > San Lourenzo xa non chora

2007-08-14

San Lourenzo xa non chora



San Lourenzo pasa por ser un dos mártires máis chulos do santoral, diácono oscense que estando en Roma recibíu instruccións da autoridade militar de entregar as riquezas da Igrexa e foi quen de presentarse acompañado dun feixe de pobres, enfermos e tullidos. Disque cando a autoridade demostrou non encaixar ben a sutil ironía do curiña e decretou que o asaran á parrilla, Lourenzo, inxenioso ata o final, aínda tivo folgos pra pedir que lle deran a volta ó espeto, que por aquel lado xa estaba feito. Ti ándate con coñas, pero xa chorarás, pensaría o representante da autoridade.

Onte, seguindo puntualmente as instruccións do parte meteorolóxico, o solpor esvaece as últimas nubes da tarde e dá paso a unha noite estrelada na que destaca o trazo sinuoso da Vía Láctea, esa cinta de polvillo harinoso y espeso que diría Lorca pensando en sabe Deus qué. Despois de bichear durante un rato, pasada a medianoite por fin aparece no ceo a constelación de Perseo, de onde semellan xurdir as lexendarias bágoas de San Lourenzo. Pero a suposta chuvia de estrelas parece que ven de escampada, de tal xeito que en media hora apenas chegamos a ver media ducia delas. Tanto e así que cando Marylin me pregunta si estou a pedir algún desexo cando pasa algunha, dígolle que sí, que haxa outra e que sexa máis gorda.


posted by vendell 02:16

2 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/51516

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2007-08-14 18:51

Pois o domingo non houbo queixa: en Guitiriz vimos unha chea delas.

Por curiosidade, agora Marilyn chámase Marylin?



2
De: Vendell Fecha: 2007-08-14 21:20

Unha das súas virtudes e andar mudando sempre as cousas, xa sabe.



Past
<Febrero 2025
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28    
             






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia