2008-07-11
Autoestima do anxo
Díxome que era celador no Hospital Materno Infantil, e que o mellor momento do día era cando a última hora da mañá, logo de tomar unha tapa de albóndigas cun viño e fumar un cigarro, baixaba a urxencias a buscar ás pacientes ás que o médico indicara o ingreso. Veñan comigo, dígo. E nese momento, malia as albóndigas e o cigarro, sei que todos ven en min ao anxo que veu a salvalas.
¶
posted by vendell 00:28
URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/58475
Comentarios
