2008-06-25
Galicia Calidade (democrática)
![]()
A pesares do risco de seren declarado descontento ou mesmo descontente, cómpre mencionar (aínda que só sexa para esquecer despois con tranquilidade) o insólito caso desta muller contratada pola Xunta de Galicia para ir engraxar a campaña electoral do PSOE en ultramar. Cartos públicos financian intereses privados… dos poderes públicos. Unha volta de porca á tese de Enzensberger en Política e delito, porque aquí xa nin necesitamos crime organizado que parasite ao Estado. O alucinante do asunto non é a novidade (mais ben ao contrario), senón o feito de que en escrupulosa atención á doutrina da separación de poderes o caso foi xulgado no propio Parlamento, unha especie de maxistratura popular e democrática que ante o cheiro a corrupción dictou unhas durísimas recomendacións para que feitos coma estes non se volvan repetir. ¡Galicia Calidade!, ¡Xuíces, aprendede!
Obviamente este é un asunto menor comparado coas evidencias do devalo civilizatorio que está a experimentar occidente, como a liberalización da guerra e a consolidación do estatus de untermenschen dos inmigrantes. Pero xa saben, think local, act local.
¶
posted by vendell 00:28
URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/58185
Comentarios
