2008-04-29
A mente bilingüe
![]()
Xurxo Mariño Alfonso é o autor dunha interesantísima serie de pezas de divulgación científica publicadas polo Consello da Cultura Galega, aínda que si non atopan os libros poden baixalos de balde aquí e acolá.
Nunha destas pezas, a titulada A mente bilingüe cita unha serie de estudos científicos que amosan os efectos da adquisición dunha nova lingua sobre a estrutura e funcionamento do cerebro. Segundo parece unha zona da cortiza parietal implicada na fluidez verbal aumenta de densidade, e este incremento é maior nas persoas que teñen máis desenvoltura para falar a nova lingua. Pero antes de que saian correndo a mercar un manual de chinés (a vantaxe competitiva do futuro inmediato) avísolles de que non é o mesmo aprender a segunda lingua de cativo que de adulto, xa que neste caso cada unha das linguas se procesa de maneira independente, en rexións do cerebro separadas (…) coma se o cerebro infantil tivese máis recursos para meter todo no mesmo saco. Pero falar mais dunha lingua non só lles vai permitir ter un cerebro máis denso e mellor cableado, senón que as persoas bilingües son máis rápidas realizando determinadas tarefas cognitivas (…) vantaxe (que) se fai máis evidente coa idade, de tal xeito que se suxire que o bilingüismo é unha protección moi eficaz contra o deterioro mental, ou, nas palabras dos autores: “It appears, therefore, that controlled processing is carried out more effectively by bilinguals and that bilingualism helps to offset age-related losses in certain executive processes”.
Pois iso, como di o Xurxo, cheers, salud, saúde
¶
posted by vendell 23:42
URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/57088
Comentarios
| 1 |
|
||
|
No tiene que ver con la estructuración de los cerebros bilingües, pero me pregunto qué le empuja a usted a usar el castellano o el gallego a la hora de escribir un post.
|
|||
| 2 |
|
||
|
Empujar empujar... digamos que hay una ligera inclinación a que las cosas que ocurren más o menos en gallego salgan en gallego. Gravedad, más que desenfado.
|
|||
| 3 |
|
||
|
"hay una ligera inclinación a que las cosas que ocurren más o menos en gallego salgan en gallego."
|
|||
| 4 |
|
||
|
Non. A excursión aos Ancares foi fundamentalmente galegofalada. Por eso o da lixeira inclinación e o mais ou menos. |
|||
